Sunday 19 de May de 2024

Mouriño aposta por unha liña de axudas económicas para favorecer a emancipación dos mozos de Carral


• Poñerá en marcha unha liña destinada ao pago do alugueiro para a mocidade que resida no municipio. Ademais, no eido da xuventude aumentará as bolsas de estudo e dinamizará os locais de ensaio.

• “A nosa mocidade estivo abandonada nestes catro últimos anos. Imos a cambiar esta situación”, apuntou.

O candidato do PP de Carral, José Luis Fernández Mouriño, anunciou hoxe a súa aposta por crear unha liña de axudas económicas para favorecer a emancipación dos mozos. En concreto, unha liña destinada ao pago do alugueiro para xóvenes que residan no municipio. Ademais, no eido da xuventude aumentará as bolsas de estudo e dinamizará os locais de ensaio. “A nosa mocidade estivo abandonada nestes catro últimos anos. Imos a cambiar esta situación”, apuntou.

Nesta liña, o candidato á alcaldía apuntou a promoción do voluntariado xuvenil e o aumento das actividades dirixidas á mocidade (formativas, orientación profesional e ocio). Por outra banda, visibilizará as vantaxes do carné xove e potenciará a Casa da Xuventude para facela máis atractiva para os mozos e mozas, converténdoa nun punto de encontro acolledor.

O PP de Carral, na súa aposta pola xuventude, realizará maís campamentos de verán e cursos de vídeo-creación e monitorado de tempo libre dirixidos aos mozos do municipio.

FAMILIA

Canto as súas propostas dirixidas ás familias, o candidato anunciou bonificacións fiscais para familias numerosas e monoparentais, a ampliación con recursos municipais da Tarxeta Benvida e programas específicos durante o embarazo.